#ConstruíndoFUTURO, Asemblea Aberta. Xinzo, 10 de outubro, 20:30h, Casa da Cultura. Contamos contigo?

bng.xinzodalimia

24/04/2008

O BNG presenta polo trámite de urxencia unha moción para solicitar a estación ITV permanente para Xinzo

Neste intre estase a plantexar por parte da empresa adxudicataria da concesión do servizo de ITV a posibilidade da criación na provincia dunha nova estación permanente que se engadiría ás actualmente existentes. No Bloque Nacionalista Galego estamos convencidos (e así o recollemos como proposta nos nosos programas de goberno das dúas últimas citas electorais municipais) de que, se nalgunha zona está sobradamente xustificado e é absolutamente imprescindible este servizo é no noso concello, polos evidentes beneficios que reportaría aos agricultores, e a todos os veciños en xeral, da nosa comarca e doutras limítrofes como a Baixa Limia ou Celanova.

Isto levounos no Pleno ordinario do día de hoxe, a propor ao Pleno a aprobación dunha moción solicitando á Consellería de Innovación e Industria a instalación dunha estación ITV permanente en Xinzo. Agradecemos o apoio do resto de grupos municipais que se sumaron á nosa proposta que, deste xeito, foi aprobada por unanimidade.

 Filed under: Grupo Municipal,Mocións

1 Comentário

  1. [...] dende o BNG de Xinzo nas dúas últimas citas electorais municipais e como reflectimos na moción que presentamos no Pleno Municipal do 24 de abril de 2008 (e que foi aprobada por unanimidade), o [...]

    Pingback by bng.xinzodalimia » Anxo Quintana presenta en Xinzo a Estación da ITV aprobada pola Consellaría de Innovación e Industria — 13/12/2008 @ 10:02 pm


RSS feed para os comentários a este artigo. TrackBack URI

O formulário de comentários está fechado neste momento.

bng
2003-2013, Grupo Local do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo da Limia
R/ Río Arnoia, 14 - Local 18 (Multicentro - 1ªandar) | 32630 Xinzo da Limia - Ourense (Galiza, UE) | Tlf/Fax: 988461360
www.bng-xinzo.org | @bngxinzo | info@bng-xinzo.org

Cretos | Privacidade e seguridade | Condicións de uso

Todo o contido desta web está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 se non se indica o contrario

194 queries - 0,286 segundos | Powered by WordPress