#ConstruíndoFUTURO, Asemblea Aberta. Xinzo, 10 de outubro, 20:30h, Casa da Cultura. Contamos contigo?

bng.xinzodalimia

02/02/2011

O BNG rexeita a proposta de instalar unha incineradora en Xinzo

20110202-capa

O BNG rexeita rotundamente a proposta, aparecida hoxe nos medios de comunicación, de ubicar no Polígono Empresarial de Xinzo a planta incineradora do sur de Galiza que proxecta o PP do Sr. Feijóo.

Novamente Núñez Feijóo, xoga con todos os galegos e engana aos veciños e veciñas de Xinzo. O PP e Feijóo deberían impulsar a instalación na nosa comarca de empresas agro-gandeiras, que permitiran tirar un valor engadido da nosa produción de pataca, cereal, etc. e creasen postos de traballo estábeis. No canto diso pretenden plantar unha incineradora para queimar todo o lixo do sur de Galiza, con postos de traballo de moi baixa cualificación, empregos basura literalmente, que, ademais, choca frontalmente coa declaración da ZEPA da Limia hai pouco máis dun ano xustificada na protección dos valores ecolóxicos, naturais e faunísticos da nosa comarca.

Hai que superar a actual política de residuos e apostar por un modelo de tratamento similar ao de outros países europeos baseado na “redución, reciclaxe e reutilización. O PP prima a xestión do lixo como un negocio e non como un servizo público e vai perpetuar a incineración como principal método de tratamento do lixo.

Dende o BNG estaremos a carón dos veciños e veciñas apoiando calquera medida que impida esta desfeita, ao tempo que esixiremos ao actual alcalde “popular” un posicionamento claro de rexeitamento.

 Filed under: En destaque

Sem Comentários »

Ainda sem comentários.

RSS feed para os comentários a este artigo. TrackBack URI



Deixe o seu comentário

(Spamcheck Enabled)

bng
2003-2013, Grupo Local do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo da Limia
R/ Río Arnoia, 14 - Local 18 (Multicentro - 1ªandar) | 32630 Xinzo da Limia - Ourense (Galiza, UE) | Tlf/Fax: 988461360
www.bng-xinzo.org | @bngxinzo | info@bng-xinzo.org

Cretos | Privacidade e seguridade | Condicións de uso

Todo o contido desta web está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 se non se indica o contrario

194 queries - 0,234 segundos | Powered by WordPress