#ConstruíndoFUTURO, Asemblea Aberta. Xinzo, 10 de outubro, 20:30h, Casa da Cultura. Contamos contigo?

bng.xinzodalimia

20/11/2010

Asemblea local extraordinaria: elección candidato/a á Alcaldía

20101120-capa

O vindeiro sábado, 27 de novembro, ás 19:00h na sede do Multicentro fica convocada a Asemblea Local do BNG de Xinzo para unha reunión extraordinaria cun único punto na orde do día:

  • Elección do cabeza de lista e candidato á alcaldía do BNG de Xinzo da Limia para as Municipais de maio de 2011.

Todo/a militante que desexe presentar a súa candidatura poderá facelo ata a mesma hora do inicio da reunión. Os/as candidatos/as serán anunciados/as ao comezo da mesma e terán unha quenda para defender a súa proposta. A continuación procederase á votación, resultando elixido/a o/a candidato/a que acade a maioría simple de votos dos/as militantes presentes.

Despois da asemblea degustaremos unha Cea-Magosto no Restaurante SEMAS, na Avd. Madrid, ás 21:30h, á que xa ficas convidado (prégase confirmación).

 Filed under: Axenda
04/11/2010

Pleno ordinario 04.11.2010

Hoxe, xoves 4 de novembro, ás 18:00h, celebrase o Pleno ordinario do Concello de Xinzo segundo a orde do día que acompañamos (ver pdf adxunto).

Logo do relevo na Alcaldía acontecido o pasado día 11 de outubro, o novo alcalde procederá á remodelación dos órganos de goberno, forzado tamén pola renuncia do ata agora concelleiro popular, Alfonso Patricio, que pasa a integrarse nos “non adscritos” deixando ao PP en minoría no Concello.

Como puntos máis salientabeis a tratar destacamos:

3. Abandono do Grupo Popular de Alfonso Patricio Nóvoa.
13. Suba do IBI para o ano 2011, en cumprimento do Plan de Saneamento Financeiro.

Dentro do apartado de mocións de urxencia o Grupo Municipal do BNG presentará dúas iniciativas:

  • Moción instando á Xunta de Galiza ao mantemento do servizo de transporte nocturno “Noitebus”.
  • Moción de aforro económico para a redución de dietas, supresión de adicacións exclusivas e conxelación das contratacións de persoal eventual do Concello.
 Filed under: Axenda,Grupo Municipal
09/10/2010

Plenos extraordinarios 09.10.2010 e 11.10.2010

Hoxe, sábado 9, ás 10:00h, celebrase o Pleno extraordinario urxente do Concello de Xinzo no que o Alcalde, Isaac Vila, dará conta da súa renuncia (ver pdf adxunto).

O luns 11, ás 10:00h, celebrarase outro Pleno extraordinario para a elección do novo Alcalde.

 Filed under: Axenda,Grupo Municipal
31/08/2010

Pleno ordinario 31.08.2010

Hoxe, martes 31, ás 18:00h, celebrase o Pleno ordinario do Concello de Xinzo do mes de agosto segundo a orde do día que acompañamos (ver pdf adxunto).

Como punto máis salientábel a tratar destacamos:

3. Petición institucional para adicar o Día das Letras 2012 a Carlos Casares (10º aniversario do seu pasamento).
4. Proposta para adicar a Casa da Cultura vella (cárcere vello) a Antonio Rodríguez “Rodriguete”, mestre, ex-concelleiro, finado recentemente.
6. Ratificación do Decreto da Alcaldía relativo á aplicación das medidas de redución do déficit público (RDL 8/2010).
7. Recoñecemento Extraxudicial de créditos: 55 mil euros facturas 2008-2009.

 Filed under: Axenda,Grupo Municipal
22/07/2010

Mesa redonda: Propostas do BNG para saír da crise

20100722-capa

Venres, 23 de xullo, ás 20:30h no Salón de Plenos da Casa do Concello de Xinzo.

Intervirán:

Amador Díaz, Portavoz municipal do BNG.
X. Manuel Pérez, Senador.
Alba Feixoó, Responsábel de Galiza Nova.
Francisco Jorquera, Deputado no Parlamento español.

Non máis do mesmo, hai alternativa!

 Filed under: Axenda
14/06/2010

Pleno ordinario 14.06.2010

Hoxe, luns 14, ás 18:00h, celebrase o Pleno ordinario adiantado do Concello de Xinzo do mes de xuño segundo a orde do día que acompañamos (ver pdf adxunto).

Como punto máis salientábel a tratar destacamos:

* 3. Aprobación do Orzamento do Concello de Xinzo para o exercicio de 2010.

 Filed under: Axenda,Grupo Municipal
10/05/2010

Festival das Letras Galegas 2010

20100510-cartaz-festival-letras-2010-p

venres, 14-maio 22:00h Praza de San Roque.XINZO

Roberto Sobrado Band [www.myspace.com/robertosobrado]

sábado, 15-maio 20:00h Praza de San Roque.XINZO

Vichelocrego [www.myspace.com/vichelocrego]

*** o sábado sortearemos un lote de libros formado por obras de Uxío Novoneyra ***

Comprometidos coa Limia!!!

 Filed under: Axenda
29/04/2010

Pleno ordinario 29.04.2010

Hoxe, xoves, ás 13:00h, celebrase o Pleno ordinario do Concello de Xinzo do mes de abril segundo a orde do día que acompañamos (ver pdf adxunto).

Como punto máis salientábel a tratar destacamos:

* 3. Aprobación definitiva do Plan de Encauzamento do Río Limia ao seu paso pola vila de Xinzo.

No apartado de mocións de urxencia o noso grupo levará unha iniciativa sobre seguridade cidadá referida ao sector do transporte e outra sobre a Planta de tratamento de refugallos da construción que a Deputación está a poñer en marcha no noso concello.

 Filed under: Axenda,Grupo Municipal
Páxinas: Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte

bng
2003-2013, Grupo Local do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo da Limia
R/ Río Arnoia, 14 - Local 18 (Multicentro - 1ªandar) | 32630 Xinzo da Limia - Ourense (Galiza, UE) | Tlf/Fax: 988461360
www.bng-xinzo.org | @bngxinzo | info@bng-xinzo.org

Cretos | Privacidade e seguridade | Condicións de uso

Todo o contido desta web está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 se non se indica o contrario

209 queries - 0,249 segundos | Powered by WordPress