#ConstruíndoFUTURO, Asemblea Aberta. Xinzo, 10 de outubro, 20:30h, Casa da Cultura. Contamos contigo?

bng.xinzodalimia

15/07/2007

Quen estexa libre de pecado que tire a primeira pedra

Despois de ler esta noticia seguro que os mandamases da Conferencia Episcopal Española estarán xa no Vaticano pedindo que roden cabezas, bueno, no tempo libre que lles deixe a súa cruzada contra a democracia e os valores cívicos. Aínda que, ben pensado, Rouco, Cañizares e compaña non son os máis indicados para reprochar nada despois da indemnización á que foron condenados polo caso que tentaron agochar na Diócesis madrileña. Como dixo Xesús: quen estexa libre de pecado que tire a primeira pedra.

Por certo, saberán desto Paco Vázquez… e a COPE?

Indemnización récord para las víctimas de abusos sexuales de curas de Los Ángeles
La archidiócesis de la ciudad pagará casi un millón de euros a cada una de las 500 personas sufrieron las vejaciones
REUTERS - Los Ángeles – 15/07/2007
La archidiócesis de Los Ángeles ha acordado pagar 660 millones de dólares (478 millones de euros) a 500 víctimas de abusos sexuales por parte de sacerdotes en casos que se remontan a los años cuarenta del siglo XX. Se trata del mayor acuerdo de indemnización por este tipo de hechos, según han declarado los abogados de los demandantes.

Ler a noticia completa en elpais.com

 Filed under: En destaque
06/07/2007

O BNG propón a elaboración dun Plan para a posta en valor do patrimonio histórico e arqueolóxico de Xinzo

200707-foto-restos-thumb.jpg

A vila de Xinzo é especialmente rica en restos arqueolóxicos. Contamos con zonas extensas cheas de xacementos que nos falan da permanencia continua de poboadores dende tempos inmemoriais ata os nosos días. Todos temos a responsabilidade de facer o posible para que as xeracións vindeiras coñezan e disfruten deste patrimonio único.

Respectando os dereitos lexítimos dos propietarios actuais, pensamos que dende a institución municipal se poden artellar mecanismos que compatibilicen a expansión inmobiliaria coa posta en valor do noso patrimonio histórico e arqueolóxico. Trataríase de deixar á luz pequenas mostras significativas e representativas en distintos puntos da vila, do mesmo xeito que xa se está a facer en moitos outros lugares de Galiza (Compostela, Lugo, …) e doutras partes do estado e da UE (Zaragoza, Venecia, París,…). Estas actuacións puntuais poderían complementarse coa construción, nun lugar rico en restos arqueolóxicos, dun futuro Centro de Interpretación.

Dende o BNG propoñemos a constitución dunha Comisión Especial formada por todos os grupos políticos, aberta a participación puntual dos veciños, asociacións, técnicos, personalidades, etc.. co fin de analizar, debater, contrastar pareceres e chegar a acordos en todos os ámbitos cun obxectivo final: elaborar un gran proxecto que garanta, de agora en diante e definitivamente, o coñecemento da historia de Xinzo de Limia a traveso dos restos soterrados.

Referencias:

13/06/2007

Desfeita medioambiental nas Piscinas Municipais

arbores-piscinas-1 arbores-piscinas-2

Hoxe, o Concello de Xinzo, nun acto de irresponsabilidade e absoluta falla de respecto polo entorno natural, comezou a arrincar de raíz as árbores que bordean as Piscinas Municipais e as separan visualmente da estrada Xinzo-Bande. Dende o noso punto de vista esta actuación está totalmente inxustificada e constitúe un ataque en toda regra ao noso patrimonio natural.

No BNG de Xinzo mobilizámonos inmediatamente e, xuntamente co PSdeG, conseguimos paralizar temporalmente os traballos de eliminación destas árbores, mais para cando o fixemos xa desapareceran uns vinte metros.

O noso obxectivo é parar esta desfeita de xeito definitivo, para o cal convocamos aos veciños a unha concentración na Praza Maior coa lectura dun Manifesto en defensa do noso Patrimonio Natural e encetamos unha campaña de recollida de sinaturas para presentar diante do Concello.

 Filed under: En destaque
17/04/2007

Blog de campaña de Amador

blog-amador

Desde esta semana temos operativo un blog de campaña mediante o cal achegaremos todas as nosas propostas e todas as novas relacionadas coas vindeiras Elecións Municipais do 27 de maio.

Animámoste a que o visites regularmente ou te manteñas ao día mediante as alertas RSS que tamén están dispoñibles. En caso de querer achegarnos algunha suxerencia ou comentario tamén hai unha seción “Fala co candidato” que está aberta ás túas aportacións.

Podes acceder a este blog no enderezo: www.amador-bng.org

 Filed under: En destaque
11/01/2007

O BNG conquire financiamento para construir a rotonda e realizar un estudo de circunvalación ao núcleo de Xinzo

O senador do BNG, Francisco Jorquera, presentou nas Cortes do Estado unha moción solicitando a construción dunha rotonda e unha circunvalación ao núcleo de Xinzo. Velaquí o texto completo:

El Grupo Parlamentario Mixto, a iniciativa del Senador del Bloque Nacionalista Galego por la Comunidad Autónoma de Galicia, Francisco Xesús Jorquera Caselas, al amparo de lo establecido en los artículos 174 y 175 del Reglamento de la Cámara, presenta la siguiente moción para su debate en la Comisión de Fomento.

Desde hace años los vecinos del ayuntamiento de Xinzo de Limia (Ourense), demandan una solución al problema del tránsito de camiones de gran tonelaje que circulan por el casco urbano.

Las actuaciones necesarias para resolver esta problemática deberían comenzar por la construcción de una rotonda en el enlace de la N-525 con el acceso a la A-52, que regule de manera segura la incorporación de los vehículos a esta vía de alta capacidad.

Es necesaria la dotación de una circunvalación que partiendo de la rotonda que habría que construir en el enlace de la N-525, con acceso a la A-52 y con capacidad para asumir el tránsito de camiones de gran tonelaje, una las carreteras OU-531 Xinzo-Celanova, OU-301 Xinzo-Bande, y la carretera local Xinzo-Blancos. Esta actuación tendría muchos beneficios, en primer lugar la unión de dos carreteras comarcales y una carretera local, con un alto índice de tráfico, que en la mayoría de los casos, no tiene como destino Xinzo de Limia, y que sin embargo en la actualidad está obligado a entrar por el medio del núcleo urbano.

La construcción de una circunvalación en el ayuntamiento de Xinzo de Limia, además de evitar el tránsito rodado por el medio del núcleo de población, facilitaría el acceso directo a la A-52 para el polígono industrial de Vilar de Santos, algo de lo que en la actualidad carece, a pesar de ser un polígono en expansión y con un importante número de empresas.

En definitiva, la puesta en marcha de esta infraestructura, aumentaría la calidad de vida de la población de Xinzo de Limia, revitalizaría su actividad comercial, permitiría un enlace directo para el polígono de Vilar de Santos, mejoraría la seguridad en el enlace de la N-525 con la A-52 y uniría dos carreteras comarcales y una carretera local sin atravesar el casco urbano de Xinzo de Limia, facilitando la utilización de vías de alta capacidad a más de 20.000 habitantes tanto de las comarcas da Limia como de Celanova.

Por todo ello, se presenta la siguiente moción: La Comisión de Fomento del Senado insta al Gobierno a desarrollar las actuaciones necesarias para que se construya una rotonda en el enlace de la N-525 con acceso a la A-52, así como la humanización de la propia N-525 a su paso por el casco urbano del ayuntamiento de Xinzo de Limia que contemple una solución al problema del tránsito de camiones de gran tonelaje que circulan por el casco urbano.

Fonte: http://www.senado.es/legis8/publicaciones/html/textos/I0568.html#14

Froito desta iniciativa incluíronse nos orzamentos do Estado para o 2007 dúas partidas: unha de 80 mil euros para a construción da rotonda no enlace da N525 coa autovía e outra de 150 mil para elaborar un estudo e un proxecto de circunvalación ao núcleo de Xinzo que recolla todo o tráfico pesado que ven de Portugal, Blancos, Vilar de Santos, etc. e o conduza a autovía evitando pasar polo medio do pobo.

Resulta evidente para calquera persoa cun mínimo de criterio obxectivo e coñecemento do mundo no que vive que se trata dun proxecto favorable e positivo para Xinzo que vai contribuir á mellora das condicións de vida dos veciños. Pois incomprensiblemente o noso alcalde, Isaac Vila, que como de todos é coñecido ostenta o cargo de senador, VOTOU EN CONTRA desta proposta amparado en supostos e indemostrables perxuizos para o comercio local. É triste e lamentable comprobar que nunha ocasión na que pode aportar algo positivo para o seu pobo prefira someterse á disciplina do seu partido deixando de lado e desprezando claramente os intereses do noso concello.

Agardamos que, cando menos, non tente xustificar as súas actuacións con argumentos peregrinos que o único que poden levar é a sementar o desconcerto e a inquietude; e que remate tamén co discurso vitimista co que nos ven obsequiando ultimamente, xa que, se antes o seu creto era escaso, despois disto a súa lexitimidade moral para reclamar inversións doutras institucións no noso concello é nula.

29/12/2006

Ampliación do Parque Empresarial

foto_20061229-pe.jpg

A ampliación do parque empresarial sempre foi unha demanda do tecido empresarial e de todos os veciños de Xinzo dende hai máis de 5 anos (xa fora proposta na anterior lexislatura municipal), máis ninguén foi quen de poñela en marcha até este ano 2006 no que a Consellería de Vivenda e Solo consegue reflotar a sociedade encargada de xestionar o solo empresarial na provincia de Ourense, XESTUR OURENSE, S.L., que como é publicamente sabido, atopábase nunha situación económica moi delicada despois da nefasta xestión da anterior equipa directiva encabezada polo Sr. Juan Carlos Cabanelas Rodríguez e na que tiña moito que ver o Sr. Isaac Vila. (more…)

25/11/2006

Asemblea local extraordinaria

O vindeiro xoves, 30 de novembro ás 20:30h, celebraremos no local de Xinzo unha asemblea cun único punto na orde do día:

  • Eleción do cabeza de lista e candidato á alcaldía nas Municipais do 2007.

Será unha xuntanza aberta na cal agardamos contar cunha ampla asistencia da militancia do noso concello para decidir sobre este importante tema.

 Filed under: Axenda,En destaque

Triste país o noso

Miguel Anxo Fernán Vello | Publicado en Galicia Hoxe

Leo un vello artigo de Barreto Rocha titulado O Brasil fala a língua galega. Para o autor a Galiza é un país que ten unha historia de 2.000 anos polo menos e que posúe un idioma consolidado hai mil aproximadamente. E engade que Portugal, como un todo, existe como Estado hai a penas oitocentos anos, “e recebeu a língua evoluída do latim desde o Norte”. E engade aínda: “Logo, o idioma português é verdadeiramente a língua galega que foi ligeiramente modificada”. O certo é que Manuel Murguía entendeu o idioma portugués como o galego “elevado á condición de idioma nacional” e Barreto Rocha transmítenos a conclusión, que é pura certeza e realidade científica, de que no Brasil se fala galego. Xa dixera Castelao aquilo de que “o galego é un idioma estenso e útil, porque –con pequenas variantes– fálase no Brasil, Portugal e nas colonias portuguesas”, e sobre este tema calquera cidadán galego informado e culto estará de acordo e non terá nada que obxectar. ¿Onde está pois o problema? Un país como o noso, que é berce dunha lingua universal que se fala hoxe, coas súas pequenas ou mínimas variantes, nun grande Estado americano como é o Brasil, non sabe ver ou non quere recoñecer –velaí os seus axentes políticos institucionais– o tesouro que significa posuírmos un idioma propio de tan amplo espectro e con tanta significación internacional. ¿Imaxinan vostedes a unha Catalunya cuxo idioma se falase en varios estados sumando máis de 220 millóns de falantes? ¿Que política levarían a cabo os cataláns a partir deste feito? Pois ben, aquí, entre nós, aínda hai xente que está en contra de que exista, no plano oficial, o “deber” de coñecer o galego como lingua. Desprézase o idioma no seu lugar de orixe, na súa patria, na súa “natio”. Non se ten conciencia do que significa a nosa lingua, do valor que posúe en si mesma, da súa inmensa utilidade. Se os cidadáns e os políticos que nos representan non corrixen isto, Galiza deixaría perder o seu sinal de identidade verdadeiramente internacional e transcendente.

 Filed under: En destaque
Páxinas: Anterior 1 2 3 ... 15 16 17 18 19 20 21 22 23 Seguinte

bng
2003-2013, Grupo Local do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo da Limia
R/ Río Arnoia, 14 - Local 18 (Multicentro - 1ªandar) | 32630 Xinzo da Limia - Ourense (Galiza, UE) | Tlf/Fax: 988461360
www.bng-xinzo.org | @bngxinzo | info@bng-xinzo.org

Cretos | Privacidade e seguridade | Condicións de uso

Todo o contido desta web está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 se non se indica o contrario

209 queries - 0,250 segundos | Powered by WordPress