#ConstruíndoFUTURO, Asemblea Aberta. Xinzo, 10 de outubro, 20:30h, Casa da Cultura. Contamos contigo?

bng.xinzodalimia

22/11/2006

Campaña de afiliación ao BNG

O BNG é unha organización ampla e aberta, na que ten cabida calquer nacionalista que comparta os seus principios programáticos e acepte os seus estatutos. De estar interesado en formar parte do BNG o requisito é solicitar formalmente a afiliación.

O órgao competente para dar altas no BNG é o Consello Comarcal, polo que tes que solicitala ao BNG na túa localidade ou comarca.
Se desexas receber información para afiliarte ao BNG ponte en contacto con nós.

En función da túa idade tamén tes a posibilidade de afiliarte á nosa organización xuvenil Galiza Nova (www.galizanova.org), cos mesmos dereitos ca no BNG.

 Filed under: En destaque
28/11/2005

Alleamento de masas comúns

No pleno do 25 de novembro foron aprobadas polo grupo de goberno do PP as bases para allear 25 parcelas propiedade do Concello ubicadas todas elas nas proximidades da vila. Son terreos que oscilan entre os 180m2 do máis pequeno e 6.300m2 do máis grande. A valoración que se fixo destas parcelas achégase aos 326mil euros.

Dende o BNG rexeitamos esta venda indiscriminada de patrimonio municipal que se vai producir sen ter en conta nengún outro criterio máis ca o simplemente recadatorio. Coidamos que sería necesario estudar cada caso e valorar a posibilidade que cada un destes terreos poidera ter nun futuro para, por exemplo, ubicar instalacións ou servizos municipais ou calquera outra finalidade de interese xeral dos viciños.

15/11/2005

“As Tradicións Orais Galaico-Portuguesas: Simboloxía e apropiación do medio natural”, Obra Mestra da Humanidade

Froito do traballo realizado pola Asociación Cultural e Pedagóxica “Ponte… nas ondas!” xurdiu a proposta de candidatar o Patrimonio Inmaterial galego-portugués diante da UNESCO para que sexa declarado Obra Mestra do Patrimonio da Humanidade. A resolución de tal proceso, e a proclamación, están previstas para o dia 25 de Novembro deste mesmo ano 2005

A candidatura multinacional que é proposta, “A Tradição Oral Galaico-Portuguesa: Simbologia e apropriação do meio natural”, reporta-se a uma marca distintiva das expressões culturais das regiões do Norte de Portugal e da Galiza, que as caracteriza como uma unidade de práticas sociais e simbólicas, de que a tradição oral é uma manifestação original. Propõe-se esta tradição oral como “Masterpiece of Oral and Intangible Heritage of Humanity” e alia-a às manifestações materiais e simbólicas no Noroeste Peninsular porque nela encontram sentido e têm origem as comunidades humanas aqui residentes e que têm consciência da importância deste mundo da oralidade na construção da sua identidade cultural.

As regiões do Norte de Portugal e da Galiza conservam, ainda, um conjunto de práticas sociais e uma tradição oral que, de alguma forma, as individualiza no conjunto das demais regiões portuguesas e espanholas. As tradições culturais aqui transmitidas de geração em geração são herdança comum das comunidades sociais que neste espaço viveram ao longo dos séculos. O património cultural oral destas comunidades está, para além dos múltiplos contributos herdados de diferentes participantes, marcado pelas características geográficas e ecológicas da região.

 Filed under: En destaque
30/10/2005

Medio Rural aposta pola estabilización do sector agrícola da pataca dende a produción á comercialización

suarez-canal

O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, anunciou en Xinzo de Limia o obxectivo do Goberno galego de optimizar as condicións do sector dedicado á produción de pataca mediante a intensificación dos servizos de inspección e consumo para o control da semente certificada, a actuación sobre a base territorial para redimensionar explotacións, a axilización de obras de modernización nas comunidades de regantes e a introdución de melloras nas axudas á adquisición de maquinaria e á instalación de mozos agricultores que garantan o relevo xeracional no agro. (more…)

 Filed under: En destaque
28/10/2005

A responsabilidade de ser nación (I)

Camilo Nogueira | Publicado en: Vieiros

Despois do ocorrido co Estatuto de Euskadi, o que está a suceder co Estatuto de nación aprobado no Parlamento de Cataluña evidenciou a tremenda resistencia dos poderes do Estado e dunha parte substancial da sociedade española a recoñeceren que dentro do territorio estatal Estado non existe unicamente a nación española, senón tamén as galega, vasca, catalá, que procuran a autodeterminación reclamando neste momento un Estatuto de nación nun Estado plurinacional. (more…)

 Filed under: En destaque
17/10/2005

O Mosteiro de Trandeiras

Como todos sabedes o Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras é un dos monumentos máis siñificativos do noso concello. Dada a súa importancia temos o deber de recuperalo e conservalo para poder seguir disfrutando del.

Agora mesmo o seu estado é bastante lamentable. A igrexa foi obxecto dunha restauración (non exenta de polémica) hai uns anos, mais o resto do conxunto segue a deteriorarse.

Diante da falla de viabilidade das dúas alternativas que se plantexaron dende o PP, lembramos xeriátrico ou parador de turismo, a día de hoxe non hai perspectivas sobre que destiño darlle a esta construcción emblemática. No pleno extraordinario do pasado 14 de outubro propuxemos que podería ser acertado convocar un concurso de ideas para recoller suxerencias sobre posibles usos para o Mosteiro. Adiantándonos un pouco a esta posibilidade desexaríamos que nos achegásedes as vosas ideas ao respeito. ¿Que se pode facer co Mosteiro de Trandeiras? ¿Que suxerides?. As respostas podedes envialas ao noso email: info@bng-xinzo.org, ou deixalas aquí como comentarios a este post. Moitas grazas.

 Filed under: En destaque
25/02/2005

Anxo Quintana visita Xinzo para a presentación do LETHES 6

Puntualmente concorre á súa cita anual esta publicación editada polo Centro de Cultura Popular do Limia

Hoxe tivo lugar a presentación pública do número 6 dos Cadernos Culturais do Limia.

Neste acto, no cal se lembrou a figura do recentemente desaparecido poeta limiao Antón Tovar, déronse cita numerosos persoeiros da vida cultural e política, entre eles o noso Voceiro Nacional, Anxo Quintana, quen acudíu expresamente para esta presentación.

Dende o BNG de Xinzo saudamos o éxito deste proxecto e animamos ós seus promotores a que sigan a traballar a prol da difusión da nosa cultura e da conservación das nosas tradicións.

 Filed under: En destaque
25/10/2004

Relevo no BNG de Xinzo: Ramiro Rodríguez Suárez será o novo Concelleiro

foto_20041025-ramiro.jpg

Nun exercicio de responsabilidade e coherencia o ata o de agora edil do BNG no Concello de Xinzo de Limia, Amador Díaz Penín, puxo o seu cargo a disposición do partido xa que por motivos persoais non pode adicarlle todo o tempo que a el lle gustaría e que considera necesario para un concello da importancia do noso.

O seu posto será cuberto por Ramiro Rodríguez Suárez, quen nas pasadas elecións municipais acompañaba a Amador no segundo posto da lista apresentada polo BNG.

Amador manifestou a súa vontade de seguir colaborando nas actividades que desenrole o noso grupo local e de traballar por conquerir que o BNG siga a medrar como a única forza política que defende os intereses do país.

 Filed under: En destaque
Páxinas: Anterior 1 2 3 ... 15 16 17 18 19 20 21 22 23 Seguinte

bng
2003-2013, Grupo Local do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo da Limia
R/ Río Arnoia, 14 - Local 18 (Multicentro - 1ªandar) | 32630 Xinzo da Limia - Ourense (Galiza, UE) | Tlf/Fax: 988461360
www.bng-xinzo.org | @bngxinzo | info@bng-xinzo.org

Cretos | Privacidade e seguridade | Condicións de uso

Todo o contido desta web está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 se non se indica o contrario

209 queries - 0,209 segundos | Powered by WordPress