#ConstruíndoFUTURO, Asemblea Aberta. Xinzo, 10 de outubro, 20:30h, Casa da Cultura. Contamos contigo?

bng.xinzodalimia

25/08/2005

Moción sobor da folga de traballadores da Mancomunidade

Dende o pasado día 12 de agosto estamos a padecer unha folga dos traballadores da Mancomunidade de Concellos da Limia manifestada fundamentalmente no servizo de recollida do lixo e que está a ter especial incidencia no rural. Mesmo se nos anuncia que o paro, que debería rematar o 31 deste mes, podería prolongarse outros 20 días, agravando aínda máis unha situación que xa a día de hoxe é preocupante e que unicamente prexudica aos viciños.

 Filed under: Grupo Municipal,Mocións
12/12/2004

Moción de axuda ás vítimas do maremoto en Asia

Toda a comunidade internacional se moviliza para axudar a minorar os efectos do maremoto que nestas pasadas datas deixou centenares de miles de vítimas mortais no sureste asiático e máis dun millón de damnificados. Neste sentido, no Grupo Local recollemos un sentimento maioritario dentro do BNG e do pobo galego en xeral de solidariedade con tódalas nacións do mundo, considera que o noso Concello como institución, non debería quedarse á marxe deste esforzo por paliar unha catástrofe da magnitude e alcance da que estamos a falar.

 Filed under: Grupo Municipal,Mocións
24/11/2004

Moción solicitando a dotación dun camión de loita contra o lume no medio urbán

Na actualidade os medios cos que contan a totalidade dos concellos da comarca da Limia para loitar contra incendios en zonas urbanas son moi deficientes, limitándose no mellor dos casos, a motobombas preparadas unicamente para actuar en lumes forestais. Estas, como se ten demostrado de xeito reiterado nos últimos meses, onde por exemplo, no casco urbano de Xinzo se ten producido tres incendios de considerables dimensións, resultan claramente insuficientes, mesmo chegando a producirse situacións graves ao non funcionar correctamente estas motobombas á hora de intentar sufocar as lapas. Este estado de indefensión ten xerado unha situación de alarma social entre os habitantes da comarca da Limia, que a xuízo do Grupo Provincial do BNG é preciso pórlle unha solución inmediata.

 Filed under: Grupo Municipal,Mocións
Páxinas: Anterior 1 2 3 4 5

bng
2003-2013, Grupo Local do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo da Limia
R/ Río Arnoia, 14 - Local 18 (Multicentro - 1ªandar) | 32630 Xinzo da Limia - Ourense (Galiza, UE) | Tlf/Fax: 988461360
www.bng-xinzo.org | @bngxinzo | info@bng-xinzo.org

Cretos | Privacidade e seguridade | Condicións de uso

Todo o contido desta web está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 se non se indica o contrario

199 queries - 0,232 segundos | Powered by WordPress