#ConstruíndoFUTURO, Asemblea Aberta. Xinzo, 10 de outubro, 20:30h, Casa da Cultura. Contamos contigo?

bng.xinzodalimia

30/08/2007

ZEPA, mentiras e aproveitamentos políticos

20070830-zepa.jpg

En vista da desinformación existente e tras constatar o aproveitamento interesado que o PP está a facer da proposta de declaración por parte da Consellería de Medio Ambiente de 10,383Ha na comarca da Limia como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), dende o BNG de Xinzo de Limia queremos aclarar os seguintes puntos:

  1. O antecedente inmediato desta declaración podémolo situar no ano 98 cando se realiza un estudo (IBA 008 - A Limia) por parte dunha entidade privada (SEO/BirdLife) que non é supervisado nin contrastado pola Administración Autonómica do Partido Popular. Este é o estudo que agora serve de base para a definición da ZEPA – A Limia.
  2. O BNG ten unha historia demostrable e ben coñecida de moitos anos na defensa dos agricultores e gandeiros, particularmente na comarca da Limia, e así vai seguir sendo no futuro, polo cal non imos admitir leccións neste eido dun recén chegado a esta defensa como é o PP, que cando tivo ocasión de levar á práctica o seu compromiso co sector e apostar polo seu futuro non o fixo e agora se move por un interese puramente partidista.
  3. Como consecuencia do dito no punto anterior podemos afirmar que o BNG se constitúe como o garante do futuro da nosa comarca e dos seus principais sectores produtivos e así o ven demostrando dende o goberno da Xunta a través da Consellería do Medio Rural con actuacións concretas xa en marcha: aposta pola modernización das explotacións, axudas para a incorporación de xoves agricultores, impulso dos plans de Regadío,… e con proxectos de futuro como o Banco de Terras que está a piques de ser presentado.
  4. Dende o BNG de Xinzo consideramos que o proxecto de declaración da ZEPA, tal e como está plantexado na actualidade, debe ser retirado e redeseñado dende o principio contando coa colaboración e consenso de tódolos sectores implicados e xustificando todas e cada unha das actuacións e decisións con criterios técnicos obxectivos avalados mediante informes científicos independentes e contrastables.
  5. Defendemos que ecoloxía e agricultura non deben estar enfrontadas e apostamos por un desenvolvemento sostible e respectuoso co Medio Natural. Neste senso o propio proxecto de decreto recoñece textualmente: “A comarca da Limia, que outrora se configuraba como un humidal sobresaliente cunha gran diversidade de aves acuáticas, na actualidade –e incluso no momento de elaborar o Inventario IBA 98- presenta un alto carácter agrícola, o que se traduce na presenza dunha comunidade de aves vinculada aos terreos e actividades agrícolas”, do cal se deduce que defender a agricultura e aos agricultores é defender tamén ás aves e pensamos que a convivencia de ambos é posible como, de feito, se demostra xa na actualidade.
17/07/2007

O BNG rexeita a adicación exclusiva da Concelleira de Deportes e Xuventude e denuncia o feito de que as candidaturas do PP non lle saen gratis aos veciños de Xinzo

No pleno do día 16 de xuño o grupo de goberno do PP aprobou a adicación exclusiva total para Xiana Carrera, concelleira de Deportes e Xuventude. As razóns aducidas para xustificar esta adicación son o presunto interese por “dotar dun novo pulo” a esta área. En primeiro lugar queremos deixar claro que no BNG non estamos en contra, por definición, das adicacións exclusivas, todo o contrario, pensamos que un concello das dimensións do de Xinzo precisa dunha dirección política permanente na figura do seu alcalde ou incluso dalgún outro concelleiro do grupo de goberno; mais, neste caso, temos que dicir que nos parece totalmente arbitraria e inxustificada. A área de deportes e xuventude ocupaba un lugar secundario no programa electoral co que os populares se apresentaron ás eleccións do 2007 e non recollía ningunha medida inédita con respecto ao que xa nos ofreceran no 2003, así que, en todo caso, este repentino interés polos deportes e a xuventude é demasiado recente como para resultar crible.

A realidade que se agocha detrás desta fachada formal constitúe un capítulo máis da ben coñecida política de D. Isaac Vila de pago de favores á costa do orzamento municipal xa que Xiana Carrera é a única integrante do equipo de goberno que non conta neste intre con ningunha outra actividade remunerada. O custo anual que terá que soportar o concello por esta adicación achégase aos 33.500€, dende o grupo de goberno aseguran que este gasto será compensado polo feito de que a nova concelleira realizará funcións de monitora deportiva e, de feito, figuraba no número 3 da lista de contratación para este posto no período 2006-07. Para nós isto, lonxe de ser un atenuante, representa un feito totalmente escandaloso. Con este precedente dende o PP veñen de incorporar unha nova forma de acceder á función pública no Concello de Xinzo, aos coñecidos concursos-oposición e á inclusión nas listas temporais de contratación podemos engadir unha nova vía: apresentarse en postos de saída nas candidaturas electorais do PP.

Referencias:

 Filed under: Sala de imprensa
06/07/2007

O BNG propón a elaboración dun Plan para a posta en valor do patrimonio histórico e arqueolóxico de Xinzo

200707-foto-restos-thumb.jpg

A vila de Xinzo é especialmente rica en restos arqueolóxicos. Contamos con zonas extensas cheas de xacementos que nos falan da permanencia continua de poboadores dende tempos inmemoriais ata os nosos días. Todos temos a responsabilidade de facer o posible para que as xeracións vindeiras coñezan e disfruten deste patrimonio único.

Respectando os dereitos lexítimos dos propietarios actuais, pensamos que dende a institución municipal se poden artellar mecanismos que compatibilicen a expansión inmobiliaria coa posta en valor do noso patrimonio histórico e arqueolóxico. Trataríase de deixar á luz pequenas mostras significativas e representativas en distintos puntos da vila, do mesmo xeito que xa se está a facer en moitos outros lugares de Galiza (Compostela, Lugo, …) e doutras partes do estado e da UE (Zaragoza, Venecia, París,…). Estas actuacións puntuais poderían complementarse coa construción, nun lugar rico en restos arqueolóxicos, dun futuro Centro de Interpretación.

Dende o BNG propoñemos a constitución dunha Comisión Especial formada por todos os grupos políticos, aberta a participación puntual dos veciños, asociacións, técnicos, personalidades, etc.. co fin de analizar, debater, contrastar pareceres e chegar a acordos en todos os ámbitos cun obxectivo final: elaborar un gran proxecto que garanta, de agora en diante e definitivamente, o coñecemento da historia de Xinzo de Limia a traveso dos restos soterrados.

Referencias:

29/06/2007

Isaac Vila e o PP queren uns plenos para “funcionarios e xubilados”

No pleno celebrado hoxe, no cal se definíu o organigrama do Concello, o PP rexeitou a nosa petición para que os plenos ordinarios se celebrasen como viña sendo habitual ás oito da tarde. Os argumentos esgrimidos polo alcalde para xustificar este troco foron do máis sólidos, contundentes e convincentes, velaí algúns: “en outros concellos son pola mañá”, “os funcionarios teñen permiso para poder asistir” ou “os xubilados non teñen ningún problema”.

Dende o respecto absoluto que nos merecen estes dous colectivos, faltaría máis, pensamos que non son representativos da realidade socioeconómica de Xinzo. A naide escapa que ésta é unha pésima hora para que os traballadores, empresarios, comerciantes, etc. poidan achegarse ata o Concello para seguir as sesións onde se tratan dos seus problemas.

Dende a institución local deberían darse todas as facilidades para que os veciños e veciñas participasen na vida política municipal, mais está ás vistas que Isaac Vila e o PP non son partidarios de concederllas. Por que non lles interesa que a xente acuda aos plenos? Que tenta agochar D. Isaac poñéndoos a unha hora tan intempestiva?

Referencias:

11/01/2007

O BNG conquire financiamento para construir a rotonda e realizar un estudo de circunvalación ao núcleo de Xinzo

O senador do BNG, Francisco Jorquera, presentou nas Cortes do Estado unha moción solicitando a construción dunha rotonda e unha circunvalación ao núcleo de Xinzo. Velaquí o texto completo:

El Grupo Parlamentario Mixto, a iniciativa del Senador del Bloque Nacionalista Galego por la Comunidad Autónoma de Galicia, Francisco Xesús Jorquera Caselas, al amparo de lo establecido en los artículos 174 y 175 del Reglamento de la Cámara, presenta la siguiente moción para su debate en la Comisión de Fomento.

Desde hace años los vecinos del ayuntamiento de Xinzo de Limia (Ourense), demandan una solución al problema del tránsito de camiones de gran tonelaje que circulan por el casco urbano.

Las actuaciones necesarias para resolver esta problemática deberían comenzar por la construcción de una rotonda en el enlace de la N-525 con el acceso a la A-52, que regule de manera segura la incorporación de los vehículos a esta vía de alta capacidad.

Es necesaria la dotación de una circunvalación que partiendo de la rotonda que habría que construir en el enlace de la N-525, con acceso a la A-52 y con capacidad para asumir el tránsito de camiones de gran tonelaje, una las carreteras OU-531 Xinzo-Celanova, OU-301 Xinzo-Bande, y la carretera local Xinzo-Blancos. Esta actuación tendría muchos beneficios, en primer lugar la unión de dos carreteras comarcales y una carretera local, con un alto índice de tráfico, que en la mayoría de los casos, no tiene como destino Xinzo de Limia, y que sin embargo en la actualidad está obligado a entrar por el medio del núcleo urbano.

La construcción de una circunvalación en el ayuntamiento de Xinzo de Limia, además de evitar el tránsito rodado por el medio del núcleo de población, facilitaría el acceso directo a la A-52 para el polígono industrial de Vilar de Santos, algo de lo que en la actualidad carece, a pesar de ser un polígono en expansión y con un importante número de empresas.

En definitiva, la puesta en marcha de esta infraestructura, aumentaría la calidad de vida de la población de Xinzo de Limia, revitalizaría su actividad comercial, permitiría un enlace directo para el polígono de Vilar de Santos, mejoraría la seguridad en el enlace de la N-525 con la A-52 y uniría dos carreteras comarcales y una carretera local sin atravesar el casco urbano de Xinzo de Limia, facilitando la utilización de vías de alta capacidad a más de 20.000 habitantes tanto de las comarcas da Limia como de Celanova.

Por todo ello, se presenta la siguiente moción: La Comisión de Fomento del Senado insta al Gobierno a desarrollar las actuaciones necesarias para que se construya una rotonda en el enlace de la N-525 con acceso a la A-52, así como la humanización de la propia N-525 a su paso por el casco urbano del ayuntamiento de Xinzo de Limia que contemple una solución al problema del tránsito de camiones de gran tonelaje que circulan por el casco urbano.

Fonte: http://www.senado.es/legis8/publicaciones/html/textos/I0568.html#14

Froito desta iniciativa incluíronse nos orzamentos do Estado para o 2007 dúas partidas: unha de 80 mil euros para a construción da rotonda no enlace da N525 coa autovía e outra de 150 mil para elaborar un estudo e un proxecto de circunvalación ao núcleo de Xinzo que recolla todo o tráfico pesado que ven de Portugal, Blancos, Vilar de Santos, etc. e o conduza a autovía evitando pasar polo medio do pobo.

Resulta evidente para calquera persoa cun mínimo de criterio obxectivo e coñecemento do mundo no que vive que se trata dun proxecto favorable e positivo para Xinzo que vai contribuir á mellora das condicións de vida dos veciños. Pois incomprensiblemente o noso alcalde, Isaac Vila, que como de todos é coñecido ostenta o cargo de senador, VOTOU EN CONTRA desta proposta amparado en supostos e indemostrables perxuizos para o comercio local. É triste e lamentable comprobar que nunha ocasión na que pode aportar algo positivo para o seu pobo prefira someterse á disciplina do seu partido deixando de lado e desprezando claramente os intereses do noso concello.

Agardamos que, cando menos, non tente xustificar as súas actuacións con argumentos peregrinos que o único que poden levar é a sementar o desconcerto e a inquietude; e que remate tamén co discurso vitimista co que nos ven obsequiando ultimamente, xa que, se antes o seu creto era escaso, despois disto a súa lexitimidade moral para reclamar inversións doutras institucións no noso concello é nula.

29/12/2006

Ampliación do Parque Empresarial

foto_20061229-pe.jpg

A ampliación do parque empresarial sempre foi unha demanda do tecido empresarial e de todos os veciños de Xinzo dende hai máis de 5 anos (xa fora proposta na anterior lexislatura municipal), máis ninguén foi quen de poñela en marcha até este ano 2006 no que a Consellería de Vivenda e Solo consegue reflotar a sociedade encargada de xestionar o solo empresarial na provincia de Ourense, XESTUR OURENSE, S.L., que como é publicamente sabido, atopábase nunha situación económica moi delicada despois da nefasta xestión da anterior equipa directiva encabezada polo Sr. Juan Carlos Cabanelas Rodríguez e na que tiña moito que ver o Sr. Isaac Vila. (more…)

02/11/2006

O BNG anuncia a inclusión nos orzamentos do Estado dunha partida para a recuperación e rexeneración do Río Limia

Río Limia

A situación de degradación e abandono que amosan o cauce e as beiras do Río Limia acadou xa hai tempo cotas alarmantes para tódolos veciños de Xinzo. Dende o BNG sempre fomos conscentes desta preocupación e colaboramos activamente na súa solución en cada ocasión que se nos presentou. No BNG de Xinzo temos a firme convición de que o noso río é un patrimonio único que debe ser conservado e posto en valor, debemos integrar a zona do río na paisaxe urbana con respecto e ofrecer aos nosos veciños un entorno natural para o lecer e a cultura. (more…)

10/10/2006

Posicionamento do BNG ao respeito do proxecto de Edificio Multiusos de Xinzo de Limia

Transcorridos máis de tres anos dende que o actual alcalde de Xinzo de Limia, Isaac Vila Rodríguez, tomase posesión do seu cargo tras gañar unhas elecións municipais ás que se presentou cun programa cheo de promesas, grandes investimentos e grandes melloras; é evidente a súa incapacidade e a da súa equipa de governo para levar adiante nen sequer unha mínima parte destas promesas. Neste contexto D. Isaac decide xogarse o seu escaso crédito político a unha sóa carta, que non é outra que a construción do edificio cualificado de “Multiusos”, esta decisión lévao a entrar nunha aloucada operación de montaxe propagandística, desas ás que nos ten tan afeitos o PP na Galiza, consistente en presentar en vésperas das elecións autonómicas de xuño de 2005 un convenio tan absurdo e estravagante coma irreal, o cal é asinado coa Deputación e con varias Consellerías (Agricultura, Educación, Política Territorial e Medio Ambiente) dando como resultado unha proposta da que non sae un edificio multiusos senón un edificio “Trasteiro” onde se colocarían servizos incompatibeis entre si, como a Oficiña de Extensión Agrária, o Conservatorio, a Feira do Gando e a Oficina comarcal. (more…)

Páxinas: Anterior 1 2 3 ... 10 11 12 13 14 15 16 17 18

bng
2003-2013, Grupo Local do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo da Limia
R/ Río Arnoia, 14 - Local 18 (Multicentro - 1ªandar) | 32630 Xinzo da Limia - Ourense (Galiza, UE) | Tlf/Fax: 988461360
www.bng-xinzo.org | @bngxinzo | info@bng-xinzo.org

Cretos | Privacidade e seguridade | Condicións de uso

Todo o contido desta web está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 se non se indica o contrario

209 queries - 0,241 segundos | Powered by WordPress