#ConstruíndoFUTURO, Asemblea Aberta. Xinzo, 10 de outubro, 20:30h, Casa da Cultura. Contamos contigo?

bng.xinzodalimia

26/01/2005

Orzamentos 2005: Riqueza de titulares, pobreza de contidos

No pleno extraordinario celebrado hoxe foron aprobados, cos votos a favor do PP, os orzamentos do Concello para este ano. A cifra total é de 6,73 millóns de euros, o cal supón un record absoluto na historia de Xinzo.

Dentro dos gastos os capítulos máis salientables son:

  • Gastos de persoal: 2.235.000 euros
  • Gastos correntes: 1.330.000 euros
  • Inversións: 2.373.000 euros

En conxunto trátase duns orzamentos “pobres” que non cumplen nin de lonxe as espectativas creadas por Isaac Vila e o PP na campaña electoral de hai dous anos. (more…)

 Filed under: Ao día,Grupo Municipal
30/12/2004

Pleno ordinario decembro 2004

O derradeiro pleno do 2004 foi de trámite. Non había ningún punto da orde do día especialmente problemático, aínda así a proposta de obras do grupo de goberno do PP para os Plans Provinciais do 2005 deu pé a lembrar, outra volta, o abandono no que se atopa o proxecto do Museo do Entroido. Para estas obras, que financia a deputación, o alcalde propuxo o empedrado das rúas Santa Mariña e Sé. Dende o PSOE propúxose unha alternativa, coa que nós concordabamos, de adicar cando menos 60 mil euros para o Museo do Entroido. Ó final non foi adiante porque ó grupo do PP parécelle “ridícula” para a importancia das obras a realizar.

Por outra banda aprobouse unha operación de crédito do 300.000 euros que deixou en evidencia a pobre xestión do actual goberno, xa que non poidemos acollernos á oferta máis ventaxosa obxectivamente pola premura de tempo para poder concretala.

Outros puntos que resultaron aprobados foron:

  • Ordenanza fiscal do servizo de ensinanzas no Conservatorio de Música e na Escola Municipal de Gaitas, que ven a regularizar a situación actual.
  • Moción do Grupo Socialista relativa á Lei Integral contra a Violencia de Xénero.
 Filed under: Ao día,Grupo Municipal
12/12/2004

Moción de axuda ás vítimas do maremoto en Asia

Toda a comunidade internacional se moviliza para axudar a minorar os efectos do maremoto que nestas pasadas datas deixou centenares de miles de vítimas mortais no sureste asiático e máis dun millón de damnificados. Neste sentido, no Grupo Local recollemos un sentimento maioritario dentro do BNG e do pobo galego en xeral de solidariedade con tódalas nacións do mundo, considera que o noso Concello como institución, non debería quedarse á marxe deste esforzo por paliar unha catástrofe da magnitude e alcance da que estamos a falar.

 Filed under: Grupo Municipal,Mocións
24/11/2004

Moción solicitando a dotación dun camión de loita contra o lume no medio urbán

Na actualidade os medios cos que contan a totalidade dos concellos da comarca da Limia para loitar contra incendios en zonas urbanas son moi deficientes, limitándose no mellor dos casos, a motobombas preparadas unicamente para actuar en lumes forestais. Estas, como se ten demostrado de xeito reiterado nos últimos meses, onde por exemplo, no casco urbano de Xinzo se ten producido tres incendios de considerables dimensións, resultan claramente insuficientes, mesmo chegando a producirse situacións graves ao non funcionar correctamente estas motobombas á hora de intentar sufocar as lapas. Este estado de indefensión ten xerado unha situación de alarma social entre os habitantes da comarca da Limia, que a xuízo do Grupo Provincial do BNG é preciso pórlle unha solución inmediata.

 Filed under: Grupo Municipal,Mocións
21/11/2004

Comisións Informativas

Supoño que xa saberedes que no último pleno foi aprobada a nova distribución das Comisións Informativas. Esta modificación ven imposta pola sentencia do TSXG que obliga a un reparto máis proporcional logo de que o PSOE recurrise a composición inicial.

A cousa queda do seguinte xeito:

  • C.I. de Economía, Facenda e Especial de Contas: PP 3, PSdeG 1, CG 1, BNG 1.
  • C.I. de Urbanismo, Obras e Vivenda: PP 3, PSdeG 1, CG 1, BNG 1.
  • C.I. de Réxime Interior, Persoal e Asuntos Sociais: PP 3, PSdeG 1, CG 1, BNG 1.
  • C.I. de Sanidade, Consumo, Comercio e Medio Ambente: PP 3, PSdeG 1, CG 1, BNG 1.
  • C.I. de Agricultura, Desenvolvemento Rural, Muller, Xuventude e Tráfico: PP 4, PSdeG 2, CG 1.
  • C.I. de Cultura e Turismo: PP 4, PSdeG 2, CG 1.
  • C.I. de Asuntos Educativos e Deportes: PP 4, PSdeG 2, CG 1.

Como podedes ver “quedamos fóra” das tres últimas, en realidade imos estar, pero sen dereito a voto e sen percibir as cantidades que legalmente nos corresponderí­a. Despois de meditalo, decidimos aceptar esta situación para non xudicializar a vida do Concello e así concentrarnos en temas verdadeiramente interesantes para os veciños.

En calqueira caso pode ser unha situación temporal, xa que está pendente un recurso sobre esa sentenza que, en caso de resultar favorable, nos devolvería ó estado anterior.

Esta situación é conseguencia dunha guerra entre PP e PSOE na que nós resultamos os máximos perxudicados. Habería unha solución: 1 representante de cada grupo e voto ponderado, que sería ideal, mais o PP tería que renunciar ós ingresos que lle reporta a maioría. A outra posibilidade: representación proporcional, aplicada estrictamente faría que as comisións fosen plenos.

 Filed under: Ao día,Grupo Municipal
25/10/2004

Relevo no BNG de Xinzo: Ramiro Rodríguez Suárez será o novo Concelleiro

foto_20041025-ramiro.jpg

Nun exercicio de responsabilidade e coherencia o ata o de agora edil do BNG no Concello de Xinzo de Limia, Amador Díaz Penín, puxo o seu cargo a disposición do partido xa que por motivos persoais non pode adicarlle todo o tempo que a el lle gustaría e que considera necesario para un concello da importancia do noso.

O seu posto será cuberto por Ramiro Rodríguez Suárez, quen nas pasadas elecións municipais acompañaba a Amador no segundo posto da lista apresentada polo BNG.

Amador manifestou a súa vontade de seguir colaborando nas actividades que desenrole o noso grupo local e de traballar por conquerir que o BNG siga a medrar como a única forza política que defende os intereses do país.

 Filed under: En destaque
05/09/2004

Desfeita medioambiental: chapapote na Moreira

No pleno do pasado mes de agosto o noso concelleiro, Amador Díaz, denunciou un verquido ilegal duns 3.000 litros de chapapote nuns terreos na zona da Moreira perto dunha nave da Deputación.

O grupo de goberno prometeu investiga-los feitos e dar cos culpables, malia que todo apunta a que poidan ser operarios da Deputación presidida por Baltar. Dende o BNG denunciamos uns feitos que cualificamos de graves e esixiremos que se chegue ata o final para sancionar os responsabeis desta desfeita.

10/03/2004

Elecións Xerais ’04: Reunión cos pataqueiros da Limia

Reunión pataqueiros

No marco da campaña eleitoral das eleicións Xerais do 14-M celebrouse unha xuntanza cos pataqueiros da comarca á que acudiron o noso Portavoz Nacional, Anxo Quintana, e varios membros das candidaturas do BNG por Ourense ó Parlamento do estado.

Xosé Manuel Puga, candidato ó Congreso, denunciou na súa intervención a falta de interés do partido gobernante por esta comarca e lembrou algúns dos temas que preocupan ó colectivo, ademáis das promesas reiteradamente incumplidas polo partido que nos goberna (sic) dende tódolos ámbitos da administración.

Anxo Quintana e Tereixa Paz reiteraron, unha vez máis, o compromiso firme do BNG coa nosa terra, os nosos problemas e coa busca de solucións para os mesmos.

 Filed under: En destaque
Páxinas: Anterior 1 2 3 ... 29 30 31 32 33 34 35 36 37 Seguinte

bng
2003-2013, Grupo Local do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo da Limia
R/ Río Arnoia, 14 - Local 18 (Multicentro - 1ªandar) | 32630 Xinzo da Limia - Ourense (Galiza, UE) | Tlf/Fax: 988461360
www.bng-xinzo.org | @bngxinzo | info@bng-xinzo.org

Cretos | Privacidade e seguridade | Condicións de uso

Todo o contido desta web está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 se non se indica o contrario

205 queries - 0,242 segundos | Powered by WordPress