#ConstruíndoFUTURO, Asemblea Aberta. Xinzo, 10 de outubro, 20:30h, Casa da Cultura. Contamos contigo?

bng.xinzodalimia

27/06/2012

O BNG presenta un grupo municipal renovado que garante a continuidade do traballo a prol dos veciños e veciñas de Xinzo

O BNG completa a renovación do grupo municipal coa incorporación de Ramiro Rodríguez e Xosé-Lois Carreira en substitución dos compañeiros que renunciaron ás súas actas.

Xinzo da Limia, 27 de xuño de 2012. Logo da renuncia ás súas actas de concelleiros dos compañeiros Amador Díaz e Lucía Nóvoa, materializada no último plenario municipal, os seus substitutos serán Ramiro Rodríguez Suárez, que así mesmo será o novo portavoz municipal, e Xosé-Lois Carreira López.

Ramiro Rodríguez foi concelleiro dende o 2004 ata o ano pasado e no período 2004-2007 xa se encargou da portavocía. Nas eleccións do 2011 figuraba no número catro da lista do BNG.

Xosé-Lois Carreira ocupaba o posto seis da lista e, aínda que esta será a súa primeira experiencia nun cargo de representación, conta cunha acreditada traxectoria política xa que desempeñou as tarefas de Responsábel Local do BNG de Xinzo dende o ano 2008.

Ramiro Rodríguez tomará posesión da súa acta este mesmo xoves, mentres que Xosé-Lois Carreira deberá agardar aínda pola resolución dos trámites administrativos previstos na lexislación vixente logo da renuncia da candidata que ocupaba o posto cinco da lista.

Continuidade do traballo de oposición

Con este relevo o Bloque Nacionalista Galego seguirá a contar con grupo municipal propio no Concello de Xinzo o que garante a continuidade do traballo dos últimos anos: unha oposición esixente e construtiva co único obxectivo de defender os dereitos dos veciños e veciñas e, ao tempo, ofrecer unha alternativa de goberno seria e críbel.

Agradecementos a Amador e Lucía pola súa laboura

Así mesmo, o Grupo Local do BNG de Xinzo quere facer público o seu agradecemento a Amador Díaz e Lucía Nóvoa pola laboura realizada, no caso de Amador nesta última etapa de cinco anos especialmente frutífera dende o ponto de vista do traballo incansábel de elaboración e presentación de propostas e de denuncia das desfeitas dos gobernos “populares” que se viu recompensado cun importante crecemento do apoio electoral.

10/09/2010

Boletín BLOQUE.xinzo nº3 – Setembro 2010

Xa está na rúa o número 3 do noso boletín BLOQUE dirixido a todos os veciños e veciñas do concello cos seguintes contidos:

  • O PP destraga os cartos na contratación de persoal sen mellorar os servizos prestados polo Concello
  • A Deputación constrúe ilegalmente unha planta para tratar refugallos de obra
  • Máis de dous millóns de euros en axudas polo temporal pódense perder debido á neglixencia do Goberno do PP no Concello
  • O BNG denuncia a lamentábel imaxe e o estado de abandono que sofre A Moreira
  • O BNG forza de goberno en Xinzo: “O obxectivo do BNG é un Xinzo mellor para todos e todas”
  • O reivindica o 25 de Xullo o seu papel protagonista fronte a un Feijóo que é “un problema para Galiza”
 Filed under: Publicacións
20/08/2009

Boletín BLOQUE.xinzo nº2 – Agosto 2009

Xa está na rúa o número 2 do noso boletín BLOQUE dirixido a todos os veciños e veciñas do concello cos seguintes contidos:

  • O BNG está a artellar unha alternativa ilusionante que olla con optimismo ao futuro de Xinzo
  • O pesadelo dun concello máis verde
  • A negativa á circunvalación sáelle cara ao sector e á xente de Xinzo
  • Actualidade Grupo Municipal
  • Entrevista Amador Díaz, Portavoz Municipal
 Filed under: Publicacións
20/02/2009

Boletín BLOQUE.xinzo nº1 – Febreiro 2009 (Especial eleccións)

Arrinca esta nova xeira doboletín BLOQUE cun especial sobre as Eleccións Nacionais ao Parlamento de Galiza do vindeiro 1 de marzo:

  • O BNG quere facer política para a xente cun proxecto transformador
  • Un programa para ter máis avances e futuro
  • É necesario fortalecer a presenza do BNG en Ourense para podermos intensificar a velocidade do cambio
  • Actualidade Grupo Municipal
  • Entrevista Alba Mª Feixóo, Responsábel Local de Galiza Nova
 Filed under: Publicacións

bng
2003-2013, Grupo Local do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo da Limia
R/ Río Arnoia, 14 - Local 18 (Multicentro - 1ªandar) | 32630 Xinzo da Limia - Ourense (Galiza, UE) | Tlf/Fax: 988461360
www.bng-xinzo.org | @bngxinzo | info@bng-xinzo.org

Cretos | Privacidade e seguridade | Condicións de uso

Todo o contido desta web está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 se non se indica o contrario

200 queries - 0,188 segundos | Powered by WordPress