#ConstruíndoFUTURO, Asemblea Aberta. Xinzo, 10 de outubro, 20:30h, Casa da Cultura. Contamos contigo?

bng.xinzodalimia

09/01/2009

O BNG de Xinzo denuncia a descarada inoperatividade da Concellaría de Cultura ao renunciar á organización do Entroido 2009

Ante a perplexidade manifesta de diferentes ámbitos e axentes da cultura, animación sociocultural, asociacionismo e da cidadanía limiá en xeral tralo anuncio do Grupo de Goberno do PP da cesión da organización do Entroido 2009 a unha asociación de mulleres rurais “por motivos de operatividade”, o BNG de Xinzo manifesta a súa fonda preocupación polo correcto desenvolvemento da Festa, ao tempo que denuncia a descarada inoperatividade da Concellaría de Cultura ao eludir a responsabilidade da organización directa dun acontecemento cultural de primeira magnitude, auténtico emblema identitario do noso pobo e o único entroido do Estado español recoñecido de “Interese Turístico Nacional”, deixándoo nas mans dunha asociación de mulleres rurais sen ningún tipo de experiencia na xestión e na loxística deste tipo de eventos.

Esta actitude do Grupo de Goberno do PP, que mesmo raia no kafkiano ao renunciar ao orgullo e á satisfacción de capitalizar o desenrolo dun evento destas características non asumindo un proxecto cultural ambicioso, deixa de manifesto a deriva á que está condenada despois de tres décadas, non só a organización do Entroido, senón tamén o conxunto da xestión municipal que hoxe ofrece unha mostra máis da obsoleta inercia de fin de ciclo de bombo, platillo e charanga.

30/10/2008

Aprobada a proposta do BNG para a recuperación do premio para o Cartel do Entroido 2009

No Pleno ordinario celebrado hoxe presentamos, como xa anunciamos hai uns días, unha alternativa para dotar economicamente o Concurso do Cartel do Entroido 2009. A finalidade desta moción era dar unha alternativa viábel ao anuncio da Concellaría de Cultura da eliminación deste premio, ao tempo que denunciamos a falla de rigor e de creatividade do actual responsábel que sempre “tira” polo camiño máis doado evidenciando unha total ausencia de ideas.

O sentido da outra moción presentada neste mesmo pleno era procurar unha redución nos gastos correntes do Concello para afrontar as sempre adiadas medidas de contención e saneamento que as contas municipais veñen reclamando dende hai moitos anos. O grupo de goberno comprometeuse a levar a comisión un plan amplo de cara ao vindeiro exercicio e agardaremos o momento de coñecelo.

Referencias:

 Filed under: Grupo Municipal,Mocións
20/10/2008

O BNG de Xinzo proporá unha alternativa para dotar o premio do Cartel do Entroido 2009

O recente anuncio por parte da Concellaría de Cultura do Concello de Xinzo da eliminación da dotación económica (600€) do Concurso do Cartel promocional do Entroido debido á mala situación económica crónica, supostamente agravada pola crise da globalización, ademais de resultar incríbel e ata ridícula, é un síntoma inequívoco do cansazo, hastío, falla de motivación e creatividade que amosan, sen prexuízo algún, o Grupo de Goberno do PP.

Desde o BNG de Xinzo pensamos que unha manifestación cultural desta envergadura, festa declarada de Interese Turístico Nacional, merece todos os esforzos, toda a ilusión e toda a vontade posíbeis, e por ilo proporemos, como medida paliativa deste despropósito, que a dotación económica deste Premio se faga con cargo á partida do orzamento destinada a pagar aos altos cargos por asistencias a órganos corporativos ou adicacións exclusivas, deste xeito poderemos ofertar unha cantidade atrainte que poida mellorar o nivel artístico dos últimos anos sen sobrecargar as depauperadas arcas municipais.

Renunciar á procura da excelencia para unha das nosas sinais culturais e identitarias máis singulares, como é o Entroido, primando o mellor traballo, o mellor artista que plasme, sintetice e divulgue a nosa festa, é cando menos ofensivo e ata obsceno, e sen dúbida, sinal clara do estado de fin de ciclo no que o goberno do PP de Xinzo se atopa. Un grupo de Goberno así, ancorado na desmotivación absoluta, no lucro inerte e na rutina institucional máis estéril posúe o grande risco de lastrar con estas mesmas condenas o futuro do seu Concello, e sen dúbida, desde esta desoladora perspectiva só cabe albiscar unha nova fronteira, un cambio de ciclo, unha opción de mellora.

25/10/2003

Museo Galego do Entroido: Non ó traslado, sí á súa dinamización

museo-entroido

A proposta feita dende o grupo de goberno do PP de trasladar a sé do Museo Galego do Entroido dende a ubicación actual ó Barrio de Abaixo bate frontalmente contra a idea orixinal que no seu día propuxo e defendeu o BNG polo cal nos oporemos con firmeza á posta en práctica da mesma.

Dende o grupo local do BNG propoñemos e defenderemos que se rematen as obras pendentes e se dote a este espacio dos contidos para os que foi pensado e que o convertirían en un referente en Galiza.

 Filed under: En destaque

bng
2003-2013, Grupo Local do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo da Limia
R/ Río Arnoia, 14 - Local 18 (Multicentro - 1ªandar) | 32630 Xinzo da Limia - Ourense (Galiza, UE) | Tlf/Fax: 988461360
www.bng-xinzo.org | @bngxinzo | info@bng-xinzo.org

Cretos | Privacidade e seguridade | Condicións de uso

Todo o contido desta web está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 se non se indica o contrario

200 queries - 0,190 segundos | Powered by WordPress