#ConstruíndoFUTURO, Asemblea Aberta. Xinzo, 10 de outubro, 20:30h, Casa da Cultura. Contamos contigo?

bng.xinzodalimia

06/06/2008

Crónica da cea-presentación da nova estrutura do BNG de Xinzo

foto-presentacion

Fotos no flickr

Máis dun centenar longo de persoas nos xuntamos no Europa para asistir ao acto de presentación da nova estrutura organizativa do Grupo Local do BNG de Xinzo. Non se trata só dunha ferramenta de traballo analítico interno senón que tamén, e ante todo, é un xeito de visibilizarse ante a cidadanía como o recurso máis axeitado para a recepción da súa problemática diaria e futura e como un bo medio para crear e consolidar dinámicas sociais interactivas.

Ao rematar a cea Alba Feixóo (Galiza Nova), Xosé-Lois Carreira (Responsable local), Amador Díaz (Portavoz municipal) e Anxo Quintana (Portavoz Nacional) dirixiron unhas verbas aos asistentes.

 Filed under: En destaque,Multimedia
01/06/2008

Cea-presentación da nova estrutura do BNG de Xinzo

Este venres día 6 de xuño, ás 21:30h, no Restaurante Europa celebraremos unha cea-presentación na que daremos a coñecer a nova estrutura de funcionamento do Grupo Local e os obxectivos que nos plantexamos a curto e medio prazo. Contaremos coa presenza do noso Portavoz Nacional, Anxo Quintana

 Filed under: Axenda
01/04/2008

Convocatoria da Asemblea Local

O vindeiro venres, 4 de abril ás 20:30h, celebraremos no local de Xinzo unha asemblea cos seguintes temas na orde do día:

  • Elección do novo Responsable Local.
  • Organización do Grupo Local.
  • Varios.

Agardamos poder contar coa máxima asistencia posible de militantes e simpatizantes.

 Filed under: Axenda
10/10/2007

Convocatoria da Asemblea Local

O vindeiro xoves, 18 de outubro ás 21:00h, celebraremos no local de Xinzo unha asemblea cos seguintes temas na orde do día:

  • ZEPA
  • Organización do Grupo Local. Responsable Local.
  • Actualidade política municipal.
  • Varios.

Agardamos poder contar coa máxima asistencia posible de militantes e simpatizantes.

 Filed under: Axenda
31/07/2007

Galiza Nova rexorde na Limia para espertar a conciencia e a ilusión das mozas e mozos limiaos

20070723-foto-gzn-xinzo.jpg

O acto constitutivo tivo lugar o pasado luns 23 de xullo, na sede local do BNG, coa presenza do responsábel comarcal de GZN, Jonatan Rivas, do responsábel local do BNG, Manuel Conde e das/os demáis compañeiras/os militantes. Neste intre dotouse de funcionamento asemblear de seu, dentro da pertenza á Asemblea Comarcal de A Limia-Allariz-Maceda, e saíu eleita como responsábel local de GZN-Xinzo a compañeira Alba Mª Feixóo, quen xa nas pasadas eleccións municipais concorreu no posto número cinco da candidatura do BNG ao Concello.

A Asemblea local de Galiza Nova rexorde co férreo compromiso e a firme determinación de se converter en aparello vertebrador da conciencia e ilusión nacionalista de toda a mocidade dos Concellos da Limia e ponse ao dispor de todas as mozas e mozos limiaos, con arelas e a seguranza de representar unha válida e potente ferramenta de traballo e de transformación do intolerábel panorama sociopolítico da Limia.

Con este obxectivo abre as portas da organización referencial do nacionalismo xuvenil mediante a levanza dunha campaña de estabelecemento de contactos e afiliacións. Paralelamente xa se está a deseñar un substancioso calendario político de actividades que comezarán neste mesmo mes de agosto.

 Filed under: En destaque
12/01/2007

Asemblea Local

O vindeiro xoves, 18 de xaneiro ás 20:30h, celebraremos no local de Xinzo unha asemblea cos seguintes temas na orde do día:

  • Actualidade política municipal.
  • Eleción do Responsable Local.
  • Varios.

Gostaríanos contar coa máxima presenza de militantes e simpatizantes polo que pregariamos o máximo esforzo por asistir.

 Filed under: Axenda
25/11/2006

Asemblea local extraordinaria

O vindeiro xoves, 30 de novembro ás 20:30h, celebraremos no local de Xinzo unha asemblea cun único punto na orde do día:

  • Eleción do cabeza de lista e candidato á alcaldía nas Municipais do 2007.

Será unha xuntanza aberta na cal agardamos contar cunha ampla asistencia da militancia do noso concello para decidir sobre este importante tema.

 Filed under: Axenda,En destaque
25/10/2004

Relevo no BNG de Xinzo: Ramiro Rodríguez Suárez será o novo Concelleiro

foto_20041025-ramiro.jpg

Nun exercicio de responsabilidade e coherencia o ata o de agora edil do BNG no Concello de Xinzo de Limia, Amador Díaz Penín, puxo o seu cargo a disposición do partido xa que por motivos persoais non pode adicarlle todo o tempo que a el lle gustaría e que considera necesario para un concello da importancia do noso.

O seu posto será cuberto por Ramiro Rodríguez Suárez, quen nas pasadas elecións municipais acompañaba a Amador no segundo posto da lista apresentada polo BNG.

Amador manifestou a súa vontade de seguir colaborando nas actividades que desenrole o noso grupo local e de traballar por conquerir que o BNG siga a medrar como a única forza política que defende os intereses do país.

 Filed under: En destaque
Páxinas: 1 2 Seguinte

bng
2003-2013, Grupo Local do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo da Limia
R/ Río Arnoia, 14 - Local 18 (Multicentro - 1ªandar) | 32630 Xinzo da Limia - Ourense (Galiza, UE) | Tlf/Fax: 988461360
www.bng-xinzo.org | @bngxinzo | info@bng-xinzo.org

Cretos | Privacidade e seguridade | Condicións de uso

Todo o contido desta web está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 se non se indica o contrario

208 queries - 0,256 segundos | Powered by WordPress